As Ciencias sociais teñen avanzado moito os últimos anos. Sabemos moito máis das dinámicas que dirixen os nosos comportamentos a nivel individual e colectivo. A psicoloxía social é todo unha ciencia. Mais ¿Qué temos incorporado desto na actividade dos colectivos que se reclaman de esquerda ou progresistas? Mais ben ..… nada.
En todo caso, parece haber unha coincidencia xeralizada dentro destas disciplinas. Os cambios dependen fundamentalmente de nós mesmos e das nosas actitudes. Condicionados polo contorno, iso si. Desde o coaching ás disciplinas orientais, chámannos a buscar en nós mesmos a forza para actuar. Mais tampouco é novo. Sabémolo ben os/as nacionalistas porque nolo dixeron os/as poetas ( “xamais virá de fora remedio nen espranza” ou “Galiza, non debes chamarte nunca española, que España de ti se olvida....” ). Sabíano ben os primeiros sindicalistas coas súas caixas de resistencia.
Pero parece que o temos esquecido. Ou se cadra non é problema de esquecemento senón de interese. Decidirse a tomar as rendas da vida e valerse por si mesmo aínda para saír de situacións moi difíciles é, moitas veces, custoso . Sábeno as mulleres maltratadas.
No fundo, a xente de esquerda do primeiro mundo, en xeral, e a galega en particular, sabemos que o dia que decidamos a emprender un camiño propio non nos espera a “alba de gloria” que nos fixo crer Castelao, senón un duro e difícil camiño ao comezo ( cando menos) . O que nos pasa é que temos dubida de si nos vale a pena percorrelo ou non.
Ou sexa que pode que non viñera mal un manual de auto-axuda. Non exactamente igual que os que están a venda en todas as librerías. Pero creo que necesitamos un deses ... ou unha visita colectiva á psicóloga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
comentario