O almirante Rosa Coutinho explicounos nunha cea en Lugo ( casa maria) xa hai anos a sua teoria de que a idea de transformar a sociedade actual en outra mais xusta e humana pasaba primeiro pola fase do odio e despois pola da envidia. Segundo el, só despois de pasar por estas fases se chega á conclusión de que imitando ao opresor, os oprimidos nunca deixaran de selo.
¿Por qué loitan agora as organizacions de esquerdas? A min dame a impresión que loitamos polos cartos, por imitar aos ricos, por ser coma eles. Estamos ainda ( ou volvemos) na fase da envidia.
Ista idea vai mais alo do debate a favor ou en contra do sistema actual ( hai moitos/as antisistema que non pasaron da fase do odio).
Para que queremos mais "poder adquisitivo". ¿Para poder consumir mais sen importar se os recursos do planeta se agotan ? ¿ Para consumir mais sen importar si o que consumimos e froito da escravitude e do expolio do terceiro mundo? Se non é así, son dificilmente explicabeis as posturas localistas e corporativistas dos ultimos tempos. As centrais termicas son perxudiciais para o conxunto da sociedade pero hai que mantelas por manter os postos de traballo segundo din as organizacións de esquerdas. ¿Onde nos levaria este argumento aplicado ao comercio de armas, por exemplo?

Si existe desencanto entre a xuventude e unha parte moi importante das persoas que se sinten e son de esquerdas secadra é porque albiscamos que, tal e como imos, nos van conducir a aquelo que George Orwell contou na "rebelión dos animais" . E decir imos dereito a imitar ou reproducir aquelo co que hoxe non estamos de acordo. E para esa viaxe non fan falla alforxas.
I
I
No hay comentarios:
Publicar un comentario
comentario