Hai anos un inmigrante chegou a miña cidade. Seica tivera que marchar do seu pais por motivos politicos. Segundo me contou un dia, ao pouco de chegar , un vello militante socialista advertiulle ( mais ou menos) : "ten coidado, non esquezas que ves a unha cidade onde ate a esquerda é conservadora". Moitas veces me teño lembrado disto. Pero... ¿é só na miña cidade? Temo que non. Por iso ahí van duas reflexions ao fio de duas informacións destes dias.
O ex-futbolista Eric Cantona propón quitar os cartos dos bancos. Xa sei que esta idea non vai callar. Mais a min lémbrame que hai máis xente que pensa que hai que saír do protocolo de actuación que estamos seguindo se queremos que a crise serva para algo positivo ( e evitar que supoña unha profundización nas inxustizas do sistema)
Explicáronme o outro dia que cando se establece unha rutina de comportamento entre as persoas en calquera ámbito da vida persoal ou colectiva chegase a un equilibrio mais ou menos estable no que cadaquén xoga o seu papel e nada cambia. Como as rutinas repetidas para levar a un neno que non quer ir á cama. De pouco valen os cabreos das nais (ou pais) e/ou os choros dos fillo. A rutina permanece estable dia tras dia. Para cambiar algo, hai que cambiar a rutina. E ten que facelo aquela persoa ( ou persoas) á que lle interesa o cambio.
Explicáronme o outro dia que cando se establece unha rutina de comportamento entre as persoas en calquera ámbito da vida persoal ou colectiva chegase a un equilibrio mais ou menos estable no que cadaquén xoga o seu papel e nada cambia. Como as rutinas repetidas para levar a un neno que non quer ir á cama. De pouco valen os cabreos das nais (ou pais) e/ou os choros dos fillo. A rutina permanece estable dia tras dia. Para cambiar algo, hai que cambiar a rutina. E ten que facelo aquela persoa ( ou persoas) á que lle interesa o cambio.
En xeral, as reaccións da esquerda e dos sindicatos fronte a crise seguen o protocolo. Manifestacións e Inglaterra, folgas en Francia, Grecia, Portugal e Estado español. Ao mellor por iso, entre outras cousas, non provocan cambios de actitude nos gobernos. Se cadra non é un problema da “magnitude” da resposta senón de que o unico que facemos é seguir a rutina establecida onde cadaquén fai o que se espera que faga. E daquela, o equilibrio e o impasse manteñense. A proposta de Cantona non parece ir mais aló da expresión dun cabreo. Pero se serve para pensar cómo rachar co impasse da rutina, benvida sexa.
O catedrático Niño Becerra predeciu a crise ( ou se atreveu a decilo) hai tempo, cando ainda estabamos borrachos de desenvolvemento. O outro dia escoitelle as suas propostas para o futuro. Amnistia fiscal e a partir de ahi persecución do fraude sen piedade. E unha politica fiscal pivotando sobre un só imposto ao consumo. Selectivo: alto para os artigos de luxo e baixo, mesmo negativo, para os de primeira necesidade. En resumidas contas, unha herexia para a esquerda que sempre defendimos os impostos directos e renegamos dos indirectos ( ao consumo).
Pero au alegreime. Hai tempo que veño cismando nesto e xa lles tiña falado ás persoas mais achegadas que hoxe un imposto ao consumo ben formulado poderia ser mais xusto que os impostos directos. Isto é o que me parecía pero non me atrevia a decilo, porque non quero pasar por herexe. Agora ... si o di un catedrático...
Outro dia atrevereime a explicar por qué penso que ten razón o profesor Niño Becerra. Xa sei que as herexias están mal vistas, pero a maioria dos avances científicos e sociais que se produciron na historia naceron de herexias, é decir, de custionamentos das posicións existentes xa demasiado conservadoras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
comentario