Vou facer algunhas aclaracións sobre o que escribin onte. Dicia que o que me parecia interesante destas mobilizacions do 15-M era precisamente que marcaban obxectivos mais que un programa politico. Despois escoitei que o que debian facer era articular un programa politico. E parece que fixeron caso. Mais iso, ao meu modo de ver, é tropezar de novo na mesma pedra.
Leo as suas propostas e escoito falar a algunha das persoas acampadas. E saco dous exemplos. Parece que un dos obxectivos é romper co dominio burocratizado dos grandes partidos na vida politica. Ahí coincidiremos moitos e moitas. Mais cando pasamos ao concreto…. Escoito a unha persoa decir que debe haber listas abertas. Mais a experiencia das listas abertas é que conducen a un resultado normalmente contrario do que se pretende. Reforzan aos partidos grandes e laminan ás minorias. Partidos con un 15% ou 25% de votos quedan fora das institucións ou reducidos á marxinalidade. Xa que logo, debatamos si se debe romper co dominio dos grandes partidos e non sobre si debe haber listas abertas ou non. En todo caso propoñamos que as leises eleitorais se modifiquen tantas veces como sexa necesario para acadar o obxectivo proposto.
Lendo as propostas que me chegaron de “democracia real xa” non vexo esta proposta de listas abertas, mais vexo cousas parecidas. Por exemplo, non se quere que se lle den cartos aos bancos, para rescatalos, mais proponse nacionalizar a aqueles que estean en dificultades. Mais iso siñifica que se utilizan os cartos dos nosos impostos en sanealos. Xa sei que despois seran “nosos”, mais é moi discutible esta nacionalización. ¿Non seria mellor nacionalizar os que teñen moitos beneficios?
E as medidas sobre os “privilexios” da clase politica cheiran algo mal.
Insisto de novo en que para min o importante e fixar os obxectivos a conseguir. Ahí é onde me parecia e me sigue parecendo que este movemento pode ser moi importante e interesante. Mais si a sua evolucion consiste en elaborar una programa electoral ( as propostas de “democracia real xa”, parecense moito a iso), creo que o camiño levará , como sempre, … a ningures…. ou a esa “practica politica” que queren denunciar.
Marcar obxectivos e controlar o seu cumplimento. Si un movemento social é capaz de articularse arredor desto xogará un papel importante. Se pretende establecer cal son os metodos que hai que empregar para conseguir estes obxectivos, acabará dividido e fracasará… ou non ( o tempo dirá )
No hay comentarios:
Publicar un comentario
comentario