Cada un fala da súa experiencia. De aí saca as conclusións. Eu saquei as seguintes, que non sei si serán compartidas.
Primeiro: o tempo dedicado a debater un tema en calquera reunión, encontro de amigos/as, etc. é inversamente proporcional á importancia do mesmo. Teño asistido a debates de catro horas polo destino de vinte mil euros e , na mesma reunión, tardar cinco minutos en decidir o destino de catro millóns de euros. Ou pasar unha hora debatendo pola situación dunha coma ou o significado dunha verba e despois aprobar o conxunto do relatorio en apenas dez minutos.
Segundo: a “agresividade” ou a “radicalidade” formal con que se defende unha idea é inversamente proporcional á diferenza de fondo que existe coas ideas dos/as demais. Ou ben é inversamente proporcional aos argumentos utilizados para defendela. Teño visto chegar case as maos por diferenzas moi cativas e , sen embargo, agás excepcións, aqueles debates aos que asistín onde as diferenzas entre as ideas defendidas eran mais grandes producíronse con tranquilidade e educación.
En fin hai algunha xente ( ou algunhas organizacións ) que son absolutamente moderados nas súas ideas e moi radicais nas súas formas ( se cadra por mala conciencia). Eu creo, pola contra, que se debe ser radical nas ideas e moderado nas formas.
Houbo un tempo en que o “poder” , “conquistábase” mediante a “derrota do adversario/a” ( golpes de estado, toma do palacio de inverno, descabalgamento de postos de responsabilidade pola vontade do xefe, etc. ).Nas sociedades que son verdadeiramente democráticas os postos de responsabilidade elixidos sono pola vontade dos/as votantes. Polo tanto non se precisa da derrota das persoas que non votan a unha determinada opción, senón o seu cambio de opinión. E preciso convencelos/as non derrotalos/as. Non se necesita afondar no abismo que separa senón nos xeitos de superalo. Quen persiga a derrota do adversario/a leva en si mesmo a razón do seu fracaso ( agás en determinadas situacións sempre conxunturais). Só conseguirá o enrocamento do doutro/a nas súas posturas e , posiblemente, unha reafirmación visceral nas mesmas.
Por iso creo que canto máis radical e ambicioso sexa un nos obxectivos que persegue máis esforzo se debe facer en moderar as formas para facerse entender e desbloquear as prevencións e apriorismos que poidan existir.
Pero ademais é necesario dar algo de esperanza. As veces, con isto da crise, as declaracións e actuacións de determinadas persoas e organizacions pareceme que en nada contribuen á mobilización da xente. A min semellanme isas persoas que cando van ver a un enfermos/a insisten unha e outra vez : "tes mala cara"; "parece que estas enfermo". C.... , diria o enfermo/a si tivera ganas e poidera. Xa me noto eu enfermo, non me fai falla que mo digas. Dime si podo curarme e axudame a conseguilo. Por desgracia esas persoas continuan: "creo que mañá estarás pior". Pois vale....
No hay comentarios:
Publicar un comentario
comentario