Eu non estou de acordo coa reforma das pensións que se ten aprobado…. Mais tampouco encontro argumentos serios en contra dela ( agás excepcións ) entre quen publicamente mantén posturas contrarias e convoca mobilizacións ( por certo, algúns argumentos para convocar a folga xeral- como é a critica ás pensións dos paralamentarios/as- parécenme perigosos por estar moi preto de derivas fascistas... pero iso é tema doutro dia ).
J.M Ridao dicía hai varias semanas nun artigo de EL PAIS que o problema da esquerda é que tenta buscar solucións propias con análises alleos. Nada mais certo e perfectamente aplicable a este caso. Tratase de buscar solucións partindo das análises da dereita.
Por exemplo dise: Agora non hai problema de déficit na seguridade social ¿por qué o vai haber no futuro? Si somos menos cotizantes por pensionista no futuro, pódese cotizar mais e xa está solucionado o problema. Vale... Iso hai que demostralo e ademais ¿ Quen di que imos cobrar mais para cotizar mais? Ademais si cotizamos mais tamén quereremos ter unhas pensións mais altas. Ou sexa xa vedes que a min ese argumento paréceme débil.
Hai outra posición, froito do que Mia Couto chama a “desresponsabilización” social. Consiste no seguinte.
- Non quero que se reformen as pensións ( “mamaiña.. que me quede como estou”)
- E logo, no futuro como há ser?
- Que o resolvan os”políticos” que para iso están.
Tampouco me convence porque eu quero contribuír a buscar unha solución.
Mais por qué admitimos a análise da dereita de que hai que pagar as pensións coas cotizacións? Por iso , o que mais me convencen son os argumentos de aquelas persoas que tratan de buscar alternativas propias a partir de análises propios. Hai anos ( moitos/as xa non o lembraran) en Galiza seguimos unha loita moi forte contra a cota empresarial da seguridade social. O argumento dos gobernos que a mantiveron durante moitos anos era fundamentalmente un: “Ten déficit. Gastase moito mais en pensións do que se recada”. Vaia !!! argumento antigo, argumento moderno.
Mais ¿ que contestabamos nós? Pois seguiamos o argumentario dun opúsculo feito por Constenla que entre outras cousas dicía (mais ou menos): “Non se pode aillar unha parcela parcial da solidaridade. Hai que mirar a economía en conxunto. E nese caso, Galiza aporta mais do que recibe”. Argumento vello, argumento novo.
Miren Etxezarreta ( que estivera na escola de Peritos hai vinte anos nunhas conferencias maxistrais) incide nun artigo en PUBLICIO en algo parecido. As pensións non hai que pagalas só coas cotizacións, senón tamén cos orzamentos xerais, e dicir, cos impostos.
Este paréceme un argumento mais lóxico. Pero fáltalle algo. Hai que dicir canto teríamos que subir os impostos e debater coa xente si está disposta a facelo. Non parece doado despois de anos en que desde a esquerda se cuestionaran os impostos ( Lembro un tenente de alcalde nacionalista de Lugo que se chufaba dunha política económica brillante no concello que reducía a débeda a base entre outras cousas de vender patrimonio publico mentres baixaba- ou conxelaba, non lembro- os impostos. A súa organización mesmo o elevou a Conselleiro).
Mais se cadra unha proposta baseada en análises diferentes e ao mellor mais viábeis de cara ao futuro é explorar as posibilidades da implantación dunha renda básica ( que defenden algunhas persoas) e partir de aquí enfocar o problema das pensións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
comentario