Curioso ( e contraditorio ) “nacionalismo” que
considera que a época na que conseguiu maior apoio electoral merece ser
criticada porque fracasou na loita esquerda –dereita xa que coincidiu coas maiorías absolutas dun
Fraga que apelaba para gañar entre outras cousas ao sentimento de galeguidade (
unha época onde Galiza, por unha razóns ou outras, tiña algún peso político ).
Curioso ( e contraditorio ) “nacionalismo” que
considera que unha coalición electoral con forzas estatais que defenden o
dereito de autodeterminación ( aínda que sexa formalmente) non se pode
consentir, pero mantén unha alianza estratéxica de goberno co PSOE ( unha
forza de obediencia estatal que nin
sequera defende o dereito de autodeterminación), unha coalición de facto a posteriori das
eleccións tanto nos concellos como no parlamento galego, se o PP non saca
maioría .
Curioso ( e contraditorio ) “nacionalismo” que
critica os pactos con forzas estatais e amosan total coincidencia con elas nos
debates electorais ( Jorquera vs Pachi Vazquez )
Curioso ( e contraditorio ) “nacionalismo” que
basea as súas criticas non no que as forzas políticas fan en Galiza senón no
que fan en.... Estremadura.
Curioso ( e contraditorio ) “nacionalismo” que
fixo da defensa do AVE , da conexión co centro e polo tanto da defensa do
sistema radial de comunicacións que aumenta a dependencia de Madrid o eixo das
súas reivindicacións.
Curiosa ( e contraditorio ) percepción do que
é ser nacionalista cando, segunda a enquisa do CIS, os preto de
medio millón de persoas que se declaran nacionalistas galegos se reparten case
homoxeneamente entre todas as forzas políticas, é dicir que hai case tantas
persoas que se declaran nacionalistas que din votar ao PP ou ao PSOE coma as
que din votar ao BNG.
¿ e si nos deixamos de clixés e reflexionamos
en serio sobre o pais e o papel que teñen que cumprir as organizacións
políticas nacionalistas e de esquerdas ?