As arbores non nos deixan ver o bosque. Esta
afirmación é moitas veces verdade e creo que nestas eleccións pode pasar un
pouco diso. Compre lembrar xa que logo algunhas cousas que se deberían dar por
sabidas mais que as veces non é así:
1.-Estas eleccións non eran normais, aínda que
a maioría das organizacións políticas as tomaran como unha rutina mais.
2.- O reparto de escanos só é unha asignación
relativa en función dos votos. Mais non son votos. Os votos son persoas e os
escanos números. A hora de analizar os datos non se pode cometer o erro de
analizar só escanos.
3.- O cabreo con quen goberna é condición
necesaria mais non suficiente para que se produza un cambio. Para que este teña
lugar é preciso tamén que a xente cabreada confíe noutra alternativa. Si esta
non existe o cambio non se dará.
4.- Os cambios na sociedade non sempre son simultáneos
cos cambios nos procesos electorais. As veces estes veñen mais retrasados. En
tempos de crise e depresión hai unha parte importante da xente que prefire a seguridade
da situación actual ( aínda que sexa
mala) que a imprevisibilidade do cambio. Este é un comportamento que se pode
considerar normal
1.- Non
foron unhas eleccións normais. Se cadra non nos decatamos que as forzas
políticas que a xente identifica como sistémicas ( as tres que se repetiron no
parlamento galego durante vinte anos) perderon 418 mil votos ( o 38% do seu electorado). Dito doutra maneira como
mínimo unha de cada tres persoas que os votou nas anteriores non o fixo agora.
Isto sen dubida é unha emenda á totalidade do traballo destas forzas políticas.
Pero sobre todo indica que na sociedade está pasando algo, que a depresión
económica está afectando de maneira moi importante ao comportamento político da
xente. Nestas eleccións, a pesares de que pareza que todo segue igual,
aconteceron cousas moi significativas que alguén debería analizar.
2.- Ademais
do reparto dos votos, hai que analizar os votos. O normal é comparar unhas eleccións coas anteriores do mesmo
tipo. E isto é correcto.... se entremedias non pasan cousas gordas que
modifiquen o comportamento social. Entendo que a depresión económica e os
recorte sociais son algo moi gordo. Polo tanto compre comparar non só cos datos
das anteriores eleccións autonómicas senón tamén das eleccións xerais, pois o
“desgaste” do goberno do PP prodúcese fundamentalmente dun ano para acó. Neste
sentido compre dicir que o PP perdeu 106 mil votos ( o 14%) desde as ultimas
autonómicas , pero 201 mil ( o 24% ) desde as ultimas xerais de hai un ano. E
difícil soster con estes datos que non houbo castigo ao PP. Serian suficientes
que foran á abstención ( nin sequera que se trasvasaran) para perder a maioría
absoluta. ¿ Qué pasou xa que logo? ...
3.- O
cabreo con quen goberna é condición necesaria mais non suficiente para que se
produza un cambio . A xente non confiou nas
alternativas tradicionais . PSOE e BNG perderon 311 mil votos desde as ultimas
autonómicas e 195 mil desde as xerais de hai un ano. Certo é que Beiras aínda
que conseguiu reter a maioría dos votos perdidos hai un ano, non conseguiu reter todos os que se perderon
respecto das autonómicas de hai catro anos. Pero a unha coalición electoral
constituída a un mes escaso das eleccións non se lle pode pedir máis. Non quero
pensar o que podía ter ocorrido de non existir AGE. Por moito que se queira
facer a Beiras responsábel desta debacle é evidente que non o é. A división do
voto pode xogar en contra si non se acada representación mais co nivel de voto
acadado, o único que se pode producir é unha recomposición de forzas dentro da
esquerda e o nacionalismo. Pero iso á hora de sumar para derrotar ao PP é máis
bo que malo. Para ver o por qué da debacle haberá que ollar a dispersión de
votos en pequenas formacións o aumento espectacular do voto en branco e nulo,
etc, etc..
4.- Os cambios na sociedade non sempre son
simultáneos cos cambios nos procesos electorais.-
Desde o meu punto de vista , a pesares das eleccións o PP está máis débil
agora. En calquera debate non parece atinado argumentar cos argumentos dos
outros. O PP está mais débil porque perdeu o voto de case unha de cada catro
persoas que o votaron hai un ano. E as alternativas tradicionais non terán máis remedio que reflexionar.
Comprendese e mesmo perdoase que na noite electoral se busquen culpábeis fora
da organización. Mais pasados os días terán que analizar que estiveron facendo
mal. E sobre todo pensar no pais. Si unha oferta electoral constituída un mes
antes consegue 9 deputados/as só pode explicarse porque sintonizou coa xente,
porque o vello non valía e estabamos agardando algo novo, mais aló das
incertezas que poida xerar. Non hai outra explicación posible, só unha pregunta
¿por qué as outras forzas políticas foron incapaces de facelo tendo mais tempo
e mais medios?
En resumidas contas, hai xente que se queixa de que o pobo non respondeu axeitadamente nestas eleccións, mais a min quedame unha dubida ¿Foi o pobo quen non respondeu ou foron as organizacións políticas tradicionais as que non souberon articular e xestionar a vontade popular? Si , como semella analizando os datos, a maioria da cidadanía galega non quería a maioria absoluta do PP, ¿ en que fallaron para non xestionar esta vontade de cara á derrota electoral do PP?
En resumidas contas, hai xente que se queixa de que o pobo non respondeu axeitadamente nestas eleccións, mais a min quedame unha dubida ¿Foi o pobo quen non respondeu ou foron as organizacións políticas tradicionais as que non souberon articular e xestionar a vontade popular? Si , como semella analizando os datos, a maioria da cidadanía galega non quería a maioria absoluta do PP, ¿ en que fallaron para non xestionar esta vontade de cara á derrota electoral do PP?