Todos e todas estamos atentos ao que pasa en Xapón. E penso que nos fai pensar. Hai tempo que veño explicando aos meus alumnos e alumnas que é necesario ter “coeficientes de seguridade” porque nunca sabemos como vai respostar a natureza. Alguén dixo unha vez. “Pero si isto ocorre unha vez cada cincocentos anos, daquela non necesitamos preocuparnos”. “Claro- contesteille- ¿pero ti sabes cando empezaron a contar eses cincocentos anos?. Ao mellor estamos xa no 493”. Iso parece que o esquezamos. Parecenos que a vida da terra e os fenómenos naturais redúcense á nosa experiencia vital, e , todo mais, á dos nosos antepasados recentes. Mais non é así
O que ocorre en Xapón tamen é moi importante para o futuro enerxético do mundo. En concreto para o futuro da enerxía nuclear. Somos moitos e moitas os que estamos en contra diste tipo de enerxía. O que esta ocorrendo debería “darnos a razón”. Mais é patético ver como os defensores /as da enerxía nuclear, aínda, hoxe mesmo, teñen argumentos para dicir que é segura.
Nesta primeira década do século XXI, teñen acontecido feitos que deberían cuestionar a nosa forma de vida, o noso sistema político e económico. Mais, tamén en plena crise económica que cuestiona o propio sistema, vemos como a maioría da xente pensa continuar igual. Todo mais , metese a cuberto, esperando que pase a treboada. Mais pode ser que o rio medre , mentres tanto, e nos leve por diante. Espero que non, eu non son pesimista. O que me preocupa é a actitude da xente que nos consideramos de “esquerda” ou que parece que queremos un mundo “mellor”.
Porque, con todo o que está caendo, crise económica, crise nuclear, crise ambiental, crise enerxética, ... as organizacións de esquerda ou progresista parecen incapaces de atraer a xente ao seu carón. Ao contrario parece que medra a extrema dereita. ¿Cal pode ser a razón?
Para min son varias. Unha delas é desde logo á que fai referencia Mia Couto: “estamos sendo vítimas de um longo processo de desresponsabilização ”.
Exprésao tamén Chika A. Onyeani ( citado por Mia Couto) Queixamo-nos até à náusea sobre o que os outros nos fizeram e continuam a fazer. E pensamos que o mundo nos deve qualquer coisa. Lamento dizer-vos que isto não passa de uma ilusão. Ninguém nos deve nada. Ninguém está disposto a abdicar daquilo que tem, com a justificação que nós também queremos o mesmo. Se quisermos algo temos que o saber conquistar. Não podemos continuar a mendigar, meus irmãos e minhas irmãs.
Un destes dias EL PAIS publicaba un inquerito. Preguntaba sobre si a xente estaba a favor ou en contra de determinadas medidas para reducir o consumo enerxético. Pois ben. A xente estaba esmagadoramente a favor das medidas que tiñan que tomar outros ( reducir iluminacion en edificios publicos, reducir coche oficiais, ..), mais a porcentaxe equilibrabase e mesmo pasaba a ser maioritaria a porcentaxe de persoas que estaban en contra das medidas, cando estas lles afectaban directamente ( utilizar os coche só en dias alternos nas cidades, limitar a velocidade, por exemplo).
Por qué actuamos así. Como dicia alguen pola radio, a nosa xeración fumos bos mozos/as ( fillos, literalmente) pero moi malos adultos ( pais , literalmente). E verdade . Entre todos e todas creamos unha sociedade onde a xente cree que alguen lle debe algo. Seran os “politicos”, seran os “bancos”, seran “os ricos” serán “os catalans” ou “os alemans”.
E aceptamos que nos dividiran. Conscente ou inconscentemente, sabemos que moitos traballadores/as vivimos ben a contra de outros/as traballadores/as. Non por qué os explotemos., senon porque nos beneficiamos da distribución da riqueza que fan os que dominan o sistema. E fano de xeito que permiten que unhos vivan mellor para ter "controlado“ as sociedades do centro a conta das da periferia. Hai anos lendo ao sudafricano Hosea Jaffe, soupen da sua teoria de que, no appartheid, os traballadores brancos mesmo non xeraban plusvalia para os seus empresarios. A plusvalia xerada polos traballadores/as negros/as era tan brutal que o empresariado podia permitirse pagar aos traballadores/as brancos/as por riba do valor do que producian.
E nós no fundo somos conscentes deso. Creemos que o noso "nivel de vida“ depende mais "dos que mandan“ que dos nosos compañeiros/as. E por iso autoconvencémonos que nos deben algo e que a nosa loita consiste en pedirllo.
E asi seguimos agardando a que pasen as crises coa esperanza de que nos afecten. o menos posible. Mais , supoño, outro mundo é posible e tamen outra forma de facer as cousas. Mais iso esixe poñer en custion o nosos sistema de vida e o noso modelo de desenvolvemento economico. Ou sexa que , se hai crise enerxetica, afrontala desde nós mesmos/as e non agardando a que "aforren outros“ ou que as centrais nucleares se poñan na India.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
comentario