2 jun 2014

Tres interesantes comentarios doutros sitios



Tresseras lo expone así: "A finales del siglo XX estaba claro que la burguesía catalana que, décadas atrás, había tenido un proyecto para Cataluña, ya no lo tenía. También estaba claro que el proyecto nacional español de algunas fuerzas implicaba la disolución de Cataluña como nacionalidad. Fue entonces cuando ( en ERC)  comenzó a elaborarse el discurso de una fuerza de izquierdas inclusiva en la que no importa donde has nacido, ni que lengua hablas, ni la identidad que tienes, sino que propone una sociedad con un modelo de ciudadanía compartida, en la que todos tienen los mismos derechos y los mismos deberes. Pero en el que la identidad pertenece al ámbito de la libertad y cada uno tiene la que quiere. Para materializar este proyecto, la clave es el Estado. El que tenemos no nos reconoce. Por esto la sociedad catalana se separa de él y hay un movimiento para construir uno nuevo, el suyo".
( sobre ERC en El Pais)


La decisió de la CUP de no concórrer a aquestes europees va anar acompanyada de la recomanació de no votar o bé votar opcions que es posicionessin en favor de la independència dels pobles i en contra de la Unió Europea dels estats i del capital. Per això, valorem positivament el bon resultat de la coalició “Els pobles decideixen”, que ha aconseguit entrar al Parlament Europeu amb un diputat, així com considerem esperançadors els grans resultats a l'estat espanyol de la candidatura amb elements anticapitalistes “Podemos”, opció que també incloïa en els seus postulats el dret a l'exercici de l'autodeterminació de tots els pobles d'Europa. Aquests resultats demostren el creixement del rebuig a les polítiques antisocials imposades per la UE i a la seva estructura antidemocràtica, així com el creixent suport al dret d'autodeterminació dels pobles.
Valoración da elecions europeas por parte das CUP

Sin embargo, pese a tratarse de una sociedad diferente, Podemos ha encontrado un hueco importante en Euskal Herria, alterando incluso las posibles aritméticas para realizar cambios políticos, como ha ocurrido en Nafarroa. En clave electoral e institucional, Podemos ha irrumpido también en la ecuación vasca. Además de valorar que sea la fuerza estatal que más claramente ha defendido el derecho de este pueblo a decidir su futuro, más allá de posibles alianzas en la búsqueda de otro modelo sociopolítico, algunos de los debates que ha planteado tendrán su traslación a nuestro contexto. Tal y como se ha mencionado, Podemos es solo una de las expresiones de esos debates que se están dando en la izquierda europea y mundial. Anticiparse y saber leer esas tendencias será clave para afinar una propuesta política de cambio adaptada a nuestra sociedad.
Editorial de NAIZ

28 may 2014

O espazo tridimensional ( cando menos) do proxecto nacional





Nestes días estou a matinar sobre como dar as clases no próximo curso. Normalmente estudamos o comportamento das trabes sometidas a cargas. Para facelo as veces representámolas cunha liña, outras veces cunha sección. Pero as trabes teñen tres dimensións. Os programas de cálculo de estruturas nas computadoras xa as estudan tridimensionalmente. Mais non é doado que o alumnado vexa as trabes nas súas tres dimensións. Élles mais doado interpretar a simplificación das dúas dimensións. Pensaba nisto, cando foron as eleccións europeas. E pensei: tamén as eleccións se interpretan nunha ou , como moito , en dúas dimensións. E hai máis. Se cadra podo tratar de explicar a miña opinión axudándome dos tres eixos do espazo. Vouno intentar.
Na sociedade e na política, como na realidade , tamén hai varias dimensións. Polo menos tres. O espazo político e social en Galiza viría definido cando menos por tres eixos. A dimensión nacional ( que mide o grao de nacionalismo e/ou galeguismo), a dimensión social ( na que se mede esquerda –dereita) e a dimensión da participación e dos intereses transversais comúns para o planeta  ( na que se mede o posicionamento respecto das cuestións transversais :grao de democracia e participación, dentro e fora das organizacións, o ecoloxismo, o feminismo, etc.), Isto é así porque ningunha das dimensións pode explicar por si soia a ideoloxía das persoas ou dos colectivos. Hai nacionalismos liberadores e hai nacionalismos imperialistas. Hai esquerdas pouco democráticas e dereitas nacionalistas. Hai persoas de esquerdas que non entenden o  feminismo e hai persoas de dereitas que son ecoloxistas.
O achegamento a un proxecto político non é unidireccional. Despois de case corenta anos, teño observado como o achegamento a unha organización política faise desde posicións ben diferentes dende calquera das tres dimensións. Si se corta o camiño de entrada por algún lado, o proxecto político dificilmente será maioritario entre a cidadanía. E hoxe en dia non é posíbel poñer en marcha ningunha idea ou proxecto que non conte co apoio da maioría da poboación. Por iso de nada vale derrotar aos/as votantes do adversario/a ( noutros tempos seria o exercito inimigo) , o único camiño é conseguir o seu apoio.
Pois ben o nacionalismo galego hai varias décadas constituíu o BNG que se situou no espazo político atendendo as tres dimensións cun proxecto innovador practicamente en todas elas. Isto levouno a un grande apoio popular, ate que a confluencia de dous feitos iniciou o seu declive. O primeiro foi que os poderes fácticos da UPG sentiron a vertixe e iniciaron a restauración da vella orde ( control) dentro da organización e nos movementos sindicais e sociais ( tentando convertelos en correas de transmisión). Así o BNG deixou de moverse no eixo da democracia e a participación. O segundo feito, foi que, se cadra cegados polo crecente poder institucional, o BNG deixou de moverse no eixo esquerda-dereita para centrar toda a súa identidade no dimensión nacionalismo ( ou galeguismo).
O resultado da combinación deste dous feitos xa se coñece. O retroceso no apoio social e o avance  na súa conversión nun partido do sistema. E nisto chegou a crise económica, e o 15-M e xorden ANOVA e CxG. As tres forzas nacionalistas resultantes do proceso actúan de xeito diferente.
O BNG opta por tratar de relocalizarse de novo na dimensión esquerda-dereita e non tanto no eixo da participación e da democracia. Pero sobre todo marca os limites para a súa localización no eixe nacionalismo- non nacionalismo  ( e tamén, en menor medida, no eixo esquerda-dereita). E , como todo mundo sabe, cando se limita a localización nun ou dous eixos, limitase a localización no espazo, neste caso social e político. E si iso fai con contundencia para controlar as entradas e saídas no subespazo ocupado, conduce a un illamento do resto da cidadanía que se traduce en resultados electorais e en incidencia social.
ANOVA pola súa banda volve tratar de situarse  nas tres dimensións e por iso ten éxito. Mais en certa maneira tamén limita o seu subespazo, nomeadamente no eixo esquerda-dereita e sobre todo non atina moito á hora de localizarse na dimensión da participación interna e externa, se cadra porque non é doado desprenderse dos vellos modelos. O subespazo que está determinado por este eixo, no que ANOVA- polo momento- non se situou axeitadamente, é o que acaba de ocupar agora PODEMOS.
Finalmente CxG tamén trata de situarse nas tres dimensións, pero así mesmo nun subespazo  limitado no que agora mesmo non hai apenas xente.
Os poderes económicos ( antes diciamos a burguesía) poden ter un proxecto nacional mesmo movéndose nunha soa dimensión ( mais ou menos nacionalismo) porque non necesita das outras dúas para construílo. Necesita que a maioría da poboación os siga, e iso pode conseguirse conxunturalmente por motivos moi concretos, pero só a  vai ter en conta para acadar os seus obxectivos. Despois será esquecida ( lembro agora a película de “Queimada” ).
Sen embargo cando un proxecto nacional nace das clases desfavorecidas, como un xeito de liberación social, non é posíbel construílo sen o apoio activo e o compromiso da maioría da poboación, continuado no tempo,  e para iso non queda mais remedio que moverse nas tres dimensións do espazo social e político porque a xente está dispersa nese espazo e si se achega ao proxecto nacional farao a partir de calquera delas.

comentarios