Teño a impresión de que ultimamente quédannos as ideas, e as frases que as expresan, a medias. E deixar as ideas a medias non é bo. Poñamos por caso, os partidos ( de esquerda que son os que me interesan) din : hai que sacar moitos votos para poder facer as transformación sociais requiridas. Pero ao cabo do tempo a idea e frase queda:”hai que sacar moitos votos”. Ao cabo tempo si seguimos así xa non saberemos para qué.
Outra idea: “os bancos e as empresas deben ter o centro de decisión en Galiza para que os Galegos e as galegas `poidamos incidir e influír nas súas actuacións”. Mais, co tempo, a idea a medias queda:”os bancos teñen que ter o centro de decisión en Galiza” aínda que os/as que decidan nada teñan que ver coas aspiracións e os intereses da maioría dos galegos/as. Outra mais:” e necesario o investimento publico para reducir as desigualdades sociais e xeralizar os servizos públicos que afectan á maioría”, pero no debate quedou “ e necesario mais investimento público” ( doado de retrucar dicindo : estase despilfarrando)
Ao quedar as ideas a medias o medio convertese en fin. E iso polo xeral non é bo. En matemáticas hai condicións que deben cumprirse para chegar a determinadas conclusións. Pero, en matemáticas, é fundamental distinguir entre as condicións que son necesaria e suficientes, das que son necesarias pero non suficientes. No primeiro caso ao cumprirse a condición a conclusión conséguese. Diriamos que o medio é necesario mais tamén suficiente para acadar o obxectivo.
Sen embargo cando unha condición é necesaria pero non suficiente, cumprila non conduce necesariamente ao obxectivo perseguido. Na nosa vida , na actividade social case todos os medios non cumpren a condición de suficiencia para acadar o obxectivo proposto.
Sen embargo os programas electorais centrase nos medios:”crear unha oficina para …”, “facer un plano para …” Así o debate volvese opaco porque parece que todos/as perseguimos os mesmos obxectivos e só nos diferenciamos nos medios. Maiúsculo erro. O que nos diferenza ideoloxicamente son os obxectivos.
Neso a dereita é máis practica. Sabe cal é o seu obxectivo e emprega o medio mais acaído en cada momento. Como na vida real. Para labrar unha leira, non se pode nin se debe utilizar a mesma maquinaria. Depende do tipo de solo, da pendente. Mais tamén do tempo climatolóxico e mesmo das colleitas anteriores. Grande parte do éxito da colleita consiste en saber empregar a maquinaria axeitada a cada caso. Non hai un único medio para conseguir os obxectivos, hai múltiples e son cambiantes co tempo e o espazo.
Por iso, vexo que un dos grandes problemas de que a dereita estea impoñendo a súa ideoloxía e porque non debatemos sobre os seus obxectivos, senón sobre os seus medios. E aí ábrese paso na xente a idea : “a dereita sabe administrar mellor a economía”. Pero a idea de novo queda a medias. Si nos centraramos nos obxectivos debería ser :”a dereita administra mellor a economía para que se beneficien uns poucos”
E así estamos, debatendo sobre uns retiros millonarios nas caixas de aforros que , non sexamos hipócritas, xa coñeciamos. O que pasa que todos/as estabamos pelexando polas migallas dunha subvención para unha actividade social ou cultural nun concello. E o outro …. Mellor pechar os ollos. Non critico a quen buscaba estas subvencións, só digo que non sexamos hipócritas.
E cal é a razón, pois volvo ao comezo deste barrene, porque “hai que sacar votos” ….para qué ? Boa pregunta..
No hay comentarios:
Publicar un comentario
comentario