Despois de escribir o texto anterior e de non recibir ningunha axuda, volvo insistir cos meus barrenes. Tentei mirar si hai algún análise interesante na rede, pero só encontrei tres. Tería que buscar mellor. Antonio Mora está na mesma liña ( creo) que o que eu formulaba antonte. Borrell vai en sentido diferente. Mais estou de acordo co final do seu artigo: los gobiernos se han acostumbrado a pedir prestado el capital a los que lo tienen en vez de exigirles un mayor esfuerzo tributario. Algunos desde la izquierda ven en esa restricción la oportunidad de un rearme fiscal, pero ese dudoso rearme fiscal seguiría sin darle al Presupuesto su capacidad de actuar de forma compensatoria en las fases bajas del ciclo. Un instrumento que debe usarse con inteligencia y mesura, pero al que no se debería renunciar constitucionalmente.
Non estou de acordo, sen embargo, na idea de que os impostos de hoxe non poden financiar os investimentos que se van disfroitar mañá. Paréceme unha postura demasiado “egoísta” e nada ecolóxica. Temos que actuar e construír hoxe cousas que poidan ser usadas no futuro. Porque si, porque hai que pensar na terra e no futuro. Porque non podemos entender a nosa vida só como o tempo que estamos aquí. Estou demasiado farto desas persoas que esquilman e contaminan e que, cando llo recriminas, contestan:”o que veña detrás que arree”. Prefiro aos labregos/as que plantaban castiñeiros para que se beneficiaran os seus netos. Pero ademais paréceme unha mala estratexia económica. Si nos vivimos mellor hoxe é, en grande medida, porque os noso pais e as nosas nais nos deixaron as súas propiedades e aforros. Pero fixeron o posible para que as vivendas chegaran a nos sen hipotecas. Si tiveramos que pagar nos toda ou unha parte da hipoteca, xa non servirían o mesmo para mellorar a nosa posición económica.
A min pareceme que estamos dando un debate como nenos pequenos. Como di Jose Luis de Zarraga , que é contrario á reforma constitucional proposta, : es una obviedad que, dentro de sus límites, ninguna sociedad, cualquiera que sea su sistema económico, puede indefinidamente consumir más de lo que produce. Tal cosa sólo es posible drenando los recursos de otras sociedades, lo que sólo logrará mientras ejerza un dominio imperial sobre ellas, como es el caso de Estados Unidos durante las últimas décadas , ¿Por que, xa que logo, nos estamos centrando no tema do déficit de maneira tan simplista, e dándolle as bazas a dereita que usa un argumento de incuestionable sentido común: non se pode gastar mais do que se ingresa?
Pola contra si se fixera fincapé en que isto é certo, pero debe haber a posibilidade de recorrer a débeda de xeito puntual en situacións concretas, que deben se valoradas en cada momento, o debate centraríase e definir cal deben ser estas situacións concretas e con qué condicións. E isto xa seria diferente.
Pero, tal e como esta o debate, as dúas posicións que coñezo nos partidos parlamentarios ( e no 15 M e similares) coinciden en apuntalar o sistema economico actual. Non supoñen ningún cambio do mesmo. A dereita porque sacraliza o déficit a fin de reducir o gasto social e poñer os servizos públicos en maos privadas. A esquerda que defende a débeda porque a súa postura lévanos a darlle negocio aos “mercados” e poñernos nas súas maos, e dicir, a que eles decidan a política económica. Pero ademais porque sacralizan o PIB e o crecemento económico. Porque a súa loita centrase en conseguir máis “cartos” aquí e agora. E iso non era…non era o que defendiamos cando chamabamos á “transformación da sociedade”
Todo isto ven, ao meu entender, do feito de utilizar receitas inventadas para outro tempo e lugar. E decir por non cambiar o chip. Ou por esquecerse da recomendación marxista: análise concreto da realidade concreta ( aquí e agora, engado eu, por si acaso ). Isto lévanos a fracasos evidentes. Vou contar unha experiencia persoal.
Hai anos, cando era Director da Escola Universitaria de Forestais, formulouse a necesidade de establecer un limite de prazas. Defendían esta postura as autoridades académicas de aquel tempo,pero, curiosamente, tamén os representantes dos estudantes. Eu, que viña dunha tradición de loita estudantil contra os “numerus clausus”, defendín a non limitación de prazas. porque consideraba, de acordo con esa tradición ( “o fillo do obreiro á universidade”), que así se facilitaba que todo o mundo puidera estudar. Xa me debera dar conta de que era raro que os papeis estiveran cambiados: director defendendo libre acceso e estudantes limitación de prazas. Pero non. Finalmente non se puxo a limitación de prazas. Pero as demais titulacións si a tiñan. Nas mesmas épocas outra decana, declarada mais de esquerdas ca min, impoñía limites de prazas moi estritos en xornalismo. Forestais acabou recibindo todas as persoas rebotadas e masificouse de tal xeito que fixo imposible impartir a docencia cun mínimo de atención e calidade. A dia de hoxe creo que a decisión foi un erro, aínda que tamén tivo as súas cousas boas, e ademais o tempo vai axustando as cousas. Mais aprendín que non se pode tomar unha medida illada do contexto concreto.
E isto precisamente é o que están facendo as posicións de esquerdas contrarias ao déficit cero. Escoito moi poucas voces que centren o debate de fondo: o cambio de modelo. Pero algunha haina, coma as meigas. A min , con moitos matices, gústame o que di Florent Marcellesi; “para evitar un aumento de temperatura de más de dos grados (lo acordado en la cumbre de Copenhague en 2009), y teniendo en cuenta una continua mejora de la eficiencia energética, el PIB mundial tendría que bajar más de un 3% cada año, es decir hasta un 77% entre hoy y 2050” Polo tanto é necesario “otro modelo de producción y consumo donde reconciliemos nuestra aspiración individual y colectiva a la buena vida con los límites ecológicos de un planeta finito. Lo que Jackson ha denominado, de forma llamativa, la “prosperidad sin crecimiento”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
comentario