Estes días tiven
varios debates con compañeiros e compañeiras sobre a defensa de universidade
publica.. Por suposto que eu estou de acordo na defensa da universidade publica mais cuestionáballes
a creación e o apoio a unha Plataforma que a min me parece unha iniciativa
equivocada. Como o debate me parece interesante vou tratar de escribilo aquí aínda
que sexa un pouco longo. Tede paciencia, ao fin e ao cabo levo moito tempo sen escribir
no blog.
Desde o meu punto
de vista existe un erro de partida. Axiña fará cuarenta anos que empecei a
militar politicamente. Naqueles primeiros momentos, bebiamos nas fontes do maoísmo
(Trotsky ou Mao ou Lenin ou Salvador Allende ou Gramsci ou Ho Chi Min, tiveron
ideas moi malas, sobre todo nas súas interpretacións posteriores, mais tamén as
tiveron boas, pero como temos mala conciencia, están esquecidas). Distinguiamos
entre a contradición principal e as contradicións secundarias, distinción
fundamental para establecer alianzas de clase e definir as políticas. Pois ben,
para min, un dos erros fundamentais da esquerda actual ( sen distincións) é que
ten esquecido a contradición principal e ten elevado unha contradición
secundaria á categoría de principal. Explícome, para min a contradición
principal, a que compre superar, é a que no pasado se chamaba burguesía (vs)
proletariado. Hoxe isto tería un significado mais amplo. Chamémoslle
contradición entre “ricos (vs) pobres”. Pois ben esta contradición foi substituída
pola contradición “público (vs) privado”.
Desde hai case
corenta anos tamén eu concibo ao estado e as administracións publicas como un
instrumento que non é neutral, senón como un instrumento ao servizo dunha clase
social. Isto significa que o publico non é intrinsecamente bo nen malo. Nas maos dos
“ricos” pode ser brutalmente negativo. Por exemplo, investimento publico é o
gasto militar, o aeroporto de Castellón ou a cidade da cultura en Santiago. Eu,
non defendo nestes casos o publico.
E certo que os
pobres normalmente só teñen como seu o elemental... e a súa forza de traballo,
mentres que os ricos son propietarios privados. Por esa razón, a maioría dos
avances sociais non naceran da iniciativa privada, senón da iniciativa publica.
E dicir a defensa do público é condición necesaria mais non suficiente para que
serva aos intereses dos “pobres”. Dito doutra maneira, para o caso da
universidade. Unha universidade ao servizo do pais, case con toda seguridade,
terá que ser publica ( non hai verdades absolutas). Mais unha universidade
publica pode non estar ao servizo do pais, senón duns poucos.
Por iso me
preocupan as “plataformas” creadas en defensa de servizos públicos (
universidade ou sanidade ou ...) por aqueles que vivimos a conta destas institucións.
Ademais de ulir a corporativismo é unha estratexia equivocada.
Mais que
equivocada, a veces paréceme perigosa. Non practico como afeccionado ao cine.
Hai moito tempo que non vexo películas. Se cadra por iso aínda lembro as que me
impresionaron de novo, a maioría delas vistas no Cine Clube Marcos da Portela
da Escola de E.T. Agrícola ( “Fuera de aqui”; “Cronica dos amantes pobres”; “El
tambor de hojalata” , “Queimada” ). Cando vin “Queimada” en plena transición
quedei impactado polo que alí describía. E quedei coa idea de que cando dicimos
“democracia” ou “liberdade de expresión”
ou , neste caso concreto “defensa da universidade publica” non todos/as
entendemos o mesmo. Isto non é un problema. Podemos traballar conxuntamente si,
sabendo que temos interpretacións diferentes do que queremos, nos poñemos de
acordo nuns mínimos comúns. Mais o perigo está, como se describía en Queimada,
en que entendamos cousas radicalmente opostas ou que detrás do que teoricamente
é unha mesma idea se escondan intereses radicalmente diferentes. Porque entón
pasa o da película. Uns se mobilizan e outros/as aproveitan para levar a auga
ao seu muíño.
Polo tanto, eu
estarei a favor dunha universidade en defensa do pais, que loxicamente debe ser
publica. Mais non pola defensa da universidade publica sen mais aclaracións.
Hai algúns días, un compañeiro co que falei deste tema, envioume, para
retrucarme e convencerme supoño, un artigo de EL PAIS. http://sociedad.elpais.com/sociedad/2012/04/15/actualidad/1334524477_188841.html. Prégovos que o leades e tamén
a miña resposta ao compañeiro:
Estou de acordo
no diagnostico inicial que fai, pero no tratamento....teño moitas dubidas. Por
exemplo:
- Xa sei que o sistema de goberno hai que cambialo en moitos sitios, pero cada un ten que responder do seu. Se queremos cambiar algo socialmente cada un ten que facer a parte que lle corresponde e non desculparse con que outros a fan ou non a fan
- Non creo na excelencia como estratexia. E unha estratexia "capitalista" que deixa fora do sistema a inmensa maioría ( e polo tanto sen a súa contribución ) para seleccionar a uns poucos/as que acumulen "saber científico" e suban ao cumio . A suma de moitas contribucións cativas ou menos excelentes posiblemente é superior á de uns poucos/as excelentes. Na miña terra a excelencia só se reservaba para falar das persoas . Unha "excelente persoa" non é precisamente o que se entende agora por "excelente". Para
excelentísimo a min xa me chegou Franco.
- Cuestionase os rankings das universidades. Estou de acordo. Pero despois volven caer no mesmo. En lugar de modificar o modelo, pretenden imitalo Están aínda na fase da "envexa" que diría o almirante Rosa Coutinho ¿Quen avalía a excelencia, quen fai avaliación rigorosa?. Para os que fan o artigo, non debe ser a sociedade ( "mais autonomía") senón unhas cousas similares as "axencia de rating" no noso ámbito que son empresas privadas ( Thomsom pe, as grandes farmacéuticas ) que deciden que "revistas" son validas e as cualifican. De ai parte toda a avaliación da investigación. Non. eu prefiro mais control da sociedade e, polo tanto, menos autonomía, xa que esta petición de mais autonomía en resumidas contas significa: "deixarme mandar a min e aos meus, cos meus criterios" . Insisto en que estamos en maos , en ultimo extremo, de empresas privadas e lobbys que controlan as avaliacións das universidades.

- As súas
propostas, desde o punto de vista dos traballadores/as van en dirección totalmente contraria do que
eu penso. Propoñen aplicación da reforma laboral pura e dura, ou se cadra van
mais aló: “mais flexibilidade, mais liberdade para fixar salarios, "“menos intervencionismo da administración, cero de intervención política" .......
nunha universidade publica!!!!!!!! ...
E respecto ao estudantado :
mais elitismo ( eufemisticamente "selección " dos estudantes) Desde o meu punto de
vista unhas propostas que son "neoliberalismo
de estado" puro e duro.
En resumidas contas , a min me parece que estas persoas fan un bo diagnostico para dar un tratamento totalmente equivocado. Ou , sendo mais mal pensado, teño a impresión ( oxalá equivocada) que utilizan o adecuado diagnostico para concluír : "deixádeme seguir co meu chiringuito". ou mellor "dádeme mais cartos pero non controledes como os manexo en beneficio propio ( non necesariamente económico, pero si de prestixio social, etc.), porque a nosa capacidade e excelencia xa se da por suposto"

A estratexia que estamos
seguindo , a nivel social, se percibe como unha defensa da universidade publica
actual ou da sanidade publica actual ( dicimos que temos unha das mellores do
mundo) . mais eu non concordo con moitas das cousas da universidade publica e
da sanidade publica actual. Por poñer un exemplo común as dúas. Que a
investigación estea ao servizo das grandes empresas farmacéuticas, nun modelo
baseado no consumo masivo de medicamentos.
Para rematar
pois, o problema que temos é que si formulamos mal a estratexia atoparémonos na
seguinte situación. O PP cando fala dos “males” da universidade apunta
cuestións que son reais. E dicir fai un diagnostico en moitos casos correcto e
aplica o tratamento que lle interesa, en beneficio de aqueles que defende e moi
nocivo para os “pobres”. O problema está en que nós non lle contrapoñemos outro
tratamento que beneficie aos “pobres”, senón que negamos a enfermidade. E
situamos o debate entre “tratamento do PP (vs) defensa da actual universidade
publica”. E ai levamos todas as de perder socialmente. A maioría seguira o
tratamento do PP, ao fin, non teñen outro alternativo e saben que a enfermidade
existe.